Descuberta unha nova especie de cogomelo en Touro

0

un dos encontros sobre cogumenlos en Touro Touro, 14 de decembro do 2016 –  As excursións na procura de cogomelos que se fixeron durante as XII Xornadas Micolóxicas de Touro organizadas polo propio concello de Touro no pasado mes de novembro deron unha agradable sorpresa: o descubrimento nas fermosas fragas do río Ulla ao seu paso pola parroquia de Ribeira dunha nova especie para a ciencia que será adicada ao concello de Touro baixo o nome de Paralepista tourana.

O descubridor deste novo cogomelo foi Jaime B. Blanco Dios, micólogo pontevedrés que hai moitos anos que colabora coas actividades micolóxicas que se levan a cabo no concello de Touro. Este investigador xa descubriu outras novas especies na provincia da Coruña nos derradeiros anos: Entoloma capeladense na serra da Capelada, Entoloma corunnense nos concellos de Boiro e Laxe e Boletus atlanticus en Ribeira. Paralepista tourana é a décimocuarta especie do xénero Paralepista en todo o mundo e a descripción deste novo taxón será publicada durante o vindeiro ano nunha revista científica internacional especializada.

O novo cogumelo foi descuberto nunha das rutas de sendeirismo que percorren os bosques de Touro. Os afeccionados aos cogumelos que participaron nas pasadas XII Xornadas Micolóxicas de Touro, poideron identificar arredor dunhas 70 variedades diferentes de cogumelos nas súas saídas ao bosque.

A aposta do Concello de Touro por poñer en valor o seu medio natural é firme e decidida. Este ano organizáronse saídas de campo dirixidas polo experto micólogo Xaime B. Blanco Dios e polo biólogo da Universidade de Santiago Martín Souto. Os expertos axudaron a identificar e clasificar cada un dos cogumelos recollidos. Os bosques e soutos de Touro, fundamentalmente os máis próximos aos ríos que bañan o concello, contan con abundantes variedades de cogumelos fundamentalmente no tempo do outono. Nos últimos anos percíbese un maior interese dos veciños de Touro e dos visitantes polo apaixonante mundo da micoloxía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial