Nova oficina de turismo para o concello de Padrón

0

Padrón, 28 de abril do 2021 – A Deputación destina, a través do Plan Único, 122.957 euros para financiar unha nova oficina de turismo no Concello de Padrón, substituíndo o pequeno quiosco actual.

A Deputación ven de sacar a licitación o proxecto na Plataforma de Contratación do Estado. O novo edificio permitirá mellorar a cobertura que Padrón dá aos visitantes. A vila é un enclave turístico de primeiro nivel debido á súa influencia no Camiño de Santiago e á riqueza cultural, histórica e literaria do municipio, onde está a Casa-Museo Rosalía de Castro ou a Fundación Camilo José Cela.

Os traballos a levar a cabo inclúen, en primeiro lugar, o desmonte da actual edificación, que poderá ser reutilizada para outros usos. A nova instalación proxéctase como un edificio prefabricado, con vocación desmontable, que estará formada por dúas seccións claramente diferenciadas.

A primeira zona estará destinada á atención ao público, completamente acristalada e cun vestíbulo exterior cuberto. A segunda, para os traballos de administración, que contará con despacho, aseo adaptado, arquivo e outras instalacións, executada con materiais pétreos e pechados.

Por outra banda, rodearase ao novo equipamento dun pavimento de grava branca redondeada que resaltará o emprazamento do edificio no céspede da parcela, resolvendo os accesos a este cun firme de lousas de pedra. Nos exteriores tamén está prevista a colocación dunha escultura co nome de Padrón, o transplantado da árbore existente, a recolocación dos paneis informativos exteriores e a instalación dun banco baixo o vestíbulo cuberto da oficina.

O prazo para presentar ofertas á licitación deste proxecto remata o 13 de maio e o tempo de execución dos traballos desde o comezo das obras será de 6 meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial