Nova vida para a Biblioteca Municipal de Boqueixón

0

Boqueixón, 31 de decembro do 2020 – Boqueixón ven de renovar a súa Biblioteca Municipal ampliando o espazo e mellorando a accesibilidade.

A Biblioteca está situada en O Forte, na planta baixa da Casa do Concello. Os fondos están divididos en distintos espazos que se corresponden coas categorías infantil, xuvenil, novela galega, novela castelán, inglés, poesía, teatro e outras especialidades.

Ademais a Biblioteca Municipal vén de adquirir 264 novas publicacións que se suman aos máis de 7.000 fondos que están á disposición dos usuarios. Estas incorporacións, coas novidades literarias máis actuais e solicitadas, estarán dispoñibles para a veciñanza a partires do mes de xaneiro.

Por outra banda, e para mellorar o seu servizo, a Biblioteca Municipal de Boqueixón integrouse  na Rede Galega de Bibliotecas. Isto permite ás persoas usuarias un acceso inmediato ao GaliciaLe, unha plataforma de préstamos de obras en formato electrónico..

O servizo de biblioteca está aberto de luns a venres pola mañá de 09.00 a 13.00 e os luns e mércores, tamén pola tarde entre as 15.30 e as 18.00 horas.

Polo de agora, dada a situación sanitaria actual, a biblioteca está dispoñible para o préstamo de libros, que unha vez devoltos se poñen en corentena. Non obstante, dende o Concello  de Boqueixón agardan, en canto sexa posible, poñer á disposición da veciñanza este espazo como zona de estudo, ademais de programar diversas actividades de animación á lectura para as persoas usuarias deste centro municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial