Muros, 3 de marzo do 2021 – A Xunta investirá 180.000 euros para reformar o Centro Socio Comunitario de Muros
A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou o investimento durante a visita realizada ás instalacións de Muros acompañada pola alcaldesa, Inés Monteagudo.
O proxecto de Muros atópase na actualidade en fase de redacción, As novas obras que se proxectan céntranse na renovación da cuberta, na mellora das carpinterías da planta baixa, na adaptación dos aseos para persoas con mobilidade reducida e na colocación dun novo sistema de calefacción.
A conselleira de Política Social explicou que o obxectivo da Xunta é continuar traballando para mellorar polo servizos do concello de Muros.
Esta adecuación das instalacións procura “mellorar o confort de todos os maiores que acoden a este centro”, salientou a conselleira. Fabiola García engadiu que nos últimos anos se fixeron diferentes melloras no inmoble por un importe de 60.000 euros, centradas na renovación e conservación das carpinterías interiores.