Novo parque de exercicios, e dúas estacións de reparación de bicicletas, en Oroso

0

Oroso, 13 de outubro do 2021 – O concello de Oroso segue dotando de servizos a novos lugares do municipio e ven de instalar un parque de calestenia e dúas estacións de reparación de bicicletas.

O parque de exercicios está situado ao carón da piscina. Neste tipo de instalacións pódense realizar exercicios a partir de elementos estáticos que axudan a desenvolver a forza e a fortaleza dos músculos. Nesa mesma zona hai uns aparatos biosaudables e algúns deles serán reparados nos próximos días.

 As estacións de reparación ubícanse na explanada do pavillón e ao carón da piscina. Poden usarse para inflar as rodas ou reparar pinchazos. Veciños e peregrinos dispoñen dun Código QR para ler as instrucións completas de uso.

O concelleiro responsable, Antonio Leira, explica que “Desde o concello mantemos reunións periódicas cos clubs deportivos para coñecer as súas necesidades e demandas; neste caso, estas instalacións xurdiron de encontros co Club Ciclista Oroso e o Club Atletismo Tambre”.

A posta en marcha de novas instalacións para a práctica deportiva continúa, con novo circuíto para bicicletas ou os espazo multideporte que o Concello de Oroso fará en Porto Avieira.

“Fomentar os hábitos de vida saudables e poñer en valor os nosos espazos naturais son prioridades para este concello, polo que seguiremos dando pasos neste sentido”, engade o alcalde de Oroso, Luís Rey.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial