Novo plan de mellora integral de vías rurais de Silleda

0

Silleda, 27 de agosto do 2021 –  A Xunta de Goberno Local de Silleda ven de aprobar un investimento de 600.000 euros na mellora integral de vías rurais.

As melloras realizaranse con cargo ao Plan Concellos da Deputación, que inclúe o arranxo de vías nas parroquias de Dornelas, Ponte, Taboada, Lamela,  Carboeiro,Moalde, Vilar,  Margaride, Silleda, Cira e Bandeira

Zona de Parada

O alcalde, Manuel Cuíña, explica que este investimento “suporá a mellora integral dunha serie de viais con gran tránsito e vertebradoras de distintas localidades e servizos”. Cuíña engade que “Este novo proxecto unido ao de 2020 con outros 7 viais que se executaron nos últimos meses e  outras actuacións suporán unha mellora sustancial na extensa rede viaria que temos no municipio de Silleda, e que continuamos a mellorar con apostas de calado coma esta, con máis de 600.000 euros de inversión”.

Obras

No proxecto figuran un tramo do vial de entronque ca glorieta da PO-211, dende o recinto feiral Semana Verde, -en Silleda-  e a mellora do acceso e tamén da explanada do CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira. Neste caso trátase dun tramo que se atopa en mal estado e que conecta cunha das circunvalacións arranxadas nos últimos anos, e tamén do acceso ao centro educativo que utilizan a diario as persoas usuarias do centro e o transporte escolar.

Xa na zona rural  o plan de mellora viaria inclúe actuacións en distintas parroquias. Así, levaranse a cabo obras de mellora en Ponte (no vial que une Espiño e Carderrei e tamén no vial de entronque ca PO-205 que da acceso a varios lugares).

Na parroquia de Vilar arranxarase o vial entre O Barral e Mazarelos e en Carboeiro outros dous tramos: un en Carboeiriño e o que une este último lugar ca parroquia de Ansemil, con case 1 kilómetro de lonxitude.

En Lamela actuarase nun tramo de 1.095 metros dende o acceso da N-525 na Goleta atra o lugar de Vilariño.

Tamén con cargo a este plan de actuación se mellorará a pista central da parroquia de Dornelas, con algo máis de 2, 4 kilómetros de lonxitude.

Nesta zona figura tamén o vial do Curro, na parroquia de Cira, dende o entronque ca EP7017.

Inclúese tamén a reforma integral do vual dende Riocalvo ata Rellas, pasando por Gamil, en Margaride; así coma o tramo de estrada que vai dende a N-640 en Moalde en dirección a Olives, tamén con máis de 1,3 kilómetros de lonxitude.

Completan o proxecto dous viais na parroquia de Taboada: o tramo desde Trasdovalo ata Ponte Taboada e o que vai dende a estrada N-525 ata o lugar de Carballeda.

En todas elas acometerase a mellora do firme cunha nova capa de rodadura con aglomerado en quente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial