Novo sistema de control para o saneamento de Melide

0

Melide, 27 de abril do 2021 – O concello de Melide intensifica o mantemento do sistema de bombeo da rede de saneamento e aplica un novo sistema de inspección e control.

Tralas numerosas incidencias acaecidas no saneamento de Melide o Concello puxo en marcha un programa de control e intervención. O obxectivo é diminuír, ao máximo posible, a frecuencia e a cantidade de verteduras de residuos.

Unha das primeiras medida foi unha valoración do sistema de bombeo da rede de saneamento municipal. Trátase de coñecer as deficiencias existentes e as posibilidades de mellora, actuando posteriormente en aqueles puntos máis problemáticos.

Tralas revisións realizadas, constatouse que os seis pozos de bombeo da rede de saneamento cos que conta Melide precisaban da realización dun mantemento periódico e dun forte investimento na mellora das instalacións.

Nesta liña de mellora, o Concello de Melide vén de realizar reparacións e substitucións en varias das bombas, axustes en cadros eléctricos e solución de varios atascos crónicos nas tubaxes. En dous puntos conflitivos como son a Avenida de Compostela e na Rúa Ourense tamén se realizaron intervencións de importancia.

O Goberno local ten previsto realizar inversións e potenciar esta liña de traballo para reducir, ao máximo posible, as incidencias acaecidas desde fai anos no sistema de bombeo da rede de saneamento municipal. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial