Novos vestiarios para o campo de fútbol do Milladoiro en Ames

0

Ames, 19 de xaneiro do 2021 – O concello de Ames adxudicou en Xunta de Goberno a construción dos vestiarios do campo fútbol do Milladoiro por un importe de 76.244,28 euros.

O investimento forma parte do POS Adicional 1/2019. Os vestiarios construiranse baixo as gradas do campo de fútbol do Milladoiro, que foran sufragadas con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación e estreadas no ano 2017, coincidindo coa celebración do XXXVI Trofeo de Fútbol Concello de Ames.

Catro vestiarios e dúas zonas de duchas

As novas obras dos vestiarios contarán con tres puntos de acceso: un para que os xogadores/as e o/a arbitro accedan aos vestiarios, outro para entrar no terreo de xogo e un terceiro para pasar directamente ás gradas.

Executaranse nos espazos baleiros que quedan debaixo das gradas e serán catro vestiarios e dúas zonas de duchas compartidas entre os vestiarios existentes. Previamente, haberá que dotar de rede de abastecemento de auga e saneamento, así como de electricidade a ditas gradas. Os novos vestiarios estarán situados nun lateral do campo de fútbol e sumáranse aos xa existentes que se atopan na zona de entrada ao campo.

As obras encádranse dentro do plan de mellora das instalacións deportivas do Concello de Ames. “Partimos da base de que o deporte é saúde e de que a súa práctica require de instalacións axeitadas e ben acondicionadas. A construción dos vestiarios no campo de fútbol de Milladoiro responde a intención do Goberno municipal de ir mellorando todas as instalacións do concello e adaptándoas a demanda que ano a ano medra en Ames”, manifesta a concelleira de Deportes, Susana Señorís.

A concelleira de Deportes tamén lembra que “estas obras responden a un compromiso adquirido polo Goberno municipal co Milladoiro Sociedade Deportiva. Nunha primeira fase construíronse as gradas cubertas e agora executaranse os vestiarios. Nestas dúas actuacións investiranse arredor de 160.000 euros para mellorar as instalacións do campo de fútbol do Milladoiro”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial