Nova ruta xacobea, pola ría Muros Noia, que busca a oficialización

0

Bisbarra, 16 de marzo do 2018 – Tal como falabamos hai unha semana coa Directora Xeral de Turismo, Nava Castro, van aparecendo novas rutas xacobeas que buscan oficializarse de cara ao próximo Xacobeo. En esta ocasión trátase do Camiño Inglés pola ría Muros Noia.

Lousame ven de acoller a reunión dos concellos implicados en esta nova ruta xacobea: Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son e Rois. A finalidade do encontro foi poñer en común os primeiros pasos a dar ara conseguir o recoñecemento. Unha reunión á que asistiron alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras, e representantes do tecido empresarial, turístico e cultural da comarca dos oito municipios que promoven o trazado.

O encontro celebrouse a petición da presidenta da Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, quen salientou o traballo realizado nos últimos anos e indicou a necesidade de “darlle un impulso máis ao Camiño Inglés pola Ría de Muros Noia e enfocalo de cara á súa declaración como ruta Xacobea, aproveitando tamén o tirón da celebración do 850 aniversario da sinatura da carta fundacional da vila de Noia”.

Neste encontro acordouse establecer un procedemento e uns prazos de traballo de cara a poder presentar un proxecto diante da Dirección Xeral de Patrimonio, toda vez que todos os presentes acordaron recoñecer o trazado contemplado no protocolo asinado en 2016 para a oficialización do Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia. Así, tanto Concellos como asociacións comprometéronse a designar a unha persoa que se encargará de coordinar os traballos precisos (en materia de documentación, información, sinalización, etc) e que os representará tamén nas reunións que se celebrarán de xeito periódico. Finalmente, acordouse designar á presidenta da ARD Ría de Muros Noia como coordinadora dos traballos. O próximo encontro terá lugar o vindeiro 3 de abril e del se agarda que serva para poder delimitar o programa de traballo de cara aos próximos meses. “Contactaremos tamén cun técnico especializado que nos informe de todo o que temos que facer e como o temos que presentar para que a Dirección Xeral de Patrimonio aprobe a oficialización do trazado do Camiño que percorre os nosos oito municipios ata Santiago”, adianta Villaverde Pais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial