O 2020 deixa en Brión un remanente de tesourería de 5,9 millóns

0

Brión, 17 de xuño do 2021 – A liquidación do 2020 do concello de Brión deixa un remanente de tesourería de 5,9 millóns cunha execución de máis do sesenta por cen en gastos e máis do oitenta en ingresos.

O Pleno Municipal de Brión do mes de xuño tomou coñecemento de estas contas que ofrecen un resultado axustado de 1.067.946 euros. Tamén se puxo en coñecemento do pleno que o Período Medio de Pago, foi, no primeiro trimestre de 2020, de 16,68 días. A Intervención municipal deu a coñecer que se está a cumprir a estabilidade orzamentaria e, pese a que nestes momentos están suspendidas, o Concello tamén cumpre coas regras de gasto e de déficit.

Finalmente, na sesión plenaria, a primeira que se celebra de xeito presencial despois de varios meses, o Pleno aprobou por unanimidade un recoñecemento extraxudicial de crédito de 27.900 euros para o pago de facturas atribuíbles ao exercicio anterior pero que foron presentadas en decembro de 2020 ou en xaneiro de 2021.

As tres mocións presentadas polos grupos municipais foron aprobadas. As dúas mocións tipo do BNG foron aprobadas por unanimidade: a primeira para amosar o rexeitamento do Concello de Brión á imposición de peaxes nas autovías e a segunda para pedirlle ao Goberno unha redución do recibo eléctrico a través dunha redución dos impostos cos que se grava, especialmente o IVE.

Pola súa banda, o PP volveu presentar unha moción para pedirlle á Deputación da Coruña melloras na seguridade dos peóns na AC-1302, ao seu paso por Mourentáns. Solicitan a instalación de beirarrúas, semáforos e pasos elevados. Unha moción que en decembro pasado fora emendada polo PSOE para incluír tamén o aumento da seguridade viaria nas estradas de competencia da Xunta de Galicia, especialmente no caso de San Salvador-Pérros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial