O 25N en Silleda conmemórase con teatro, andaina e coloquio coa creadora de Lola Vendetta

0

Silleda, 17 de novembro do 2021 – O Concello de Silleda vén de programar unha serie de actividades con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

Coloquios, teatro, e unha andaina a Carboeiro centran os actos da programación que arrancará nesa mesma xornada. O teatro será protagonista ca representación da obra 2Pilgrims, de Redrum Teatro, unha iniciativa que chega a Silleda da man da Deputación de Pontevedra co programa Tornar ás Táboas.

A obra está protagonizada pola actriz galega Sheyla Fariña, protagonista de Acacias 38, e Guillermo Carbajo ao que coñecéramos como neno da mítica serie Pratos Combinados.

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades, ou a importancia actual das redes sociais  serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora, enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero.

A cita será o xoves 25 ás 12:00 no auditorio da Semana Verde, nunha función á que asistirán alumnos e alumnas de Secundaria pero que está aberta a todo o público interesado.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar a concentración en repulsa contra a violencia machista, na praza da Igrexa de Silleda.

O venres 26, dende a Concellería de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, faráse entrega de lotes de libros sobre esta temática para os centros escolares do municipio.

Na xornada do domingo 28 celebrarase a andaina a Carboeiro baixo o lema “10 kilómetros de respecto”, para a que segue aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro día 22. As persoas que participen teñen a posibilidade de volver en autobús.

Prazo de inscrición para o coloquio Máis vale soa

O peche da programación chegará o venres 3 de decembro co coloquio titulado “Máis vale soa”, no que participará Raquel Riba Rossy, a artista que está detrás do popular personaxe de Lola Vendetta, acompañando ao empoderamento feminino cas súas ilustracións.

Debuxante, cantautora e escritora, conta con máis de medio millón de seguidores na súa canle de Instagram. Enfocada a empoderar o feminino especialmente en España, México, Colombia e Argentina, Riba Rossy crea no ano  2014 “Lola Vendetta”, unha muller afiada, mordaz, contundente e en palabras da súa creadora “sen pelos na lingua e que se enfronta a todo o que non lle gusta da vida, comezando polos homes que non a respectan”.

Nas súas conferencias de temática feminista están presentes temas coma o empoderamento da muller ou as novas masculinidades. Na sesión de Silleda asinará tamén exemplares da súa saga literaria. 

Todas as persoas que desexen asistir poden anotarse a partir deste luns día 15 nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM), chamando ao 986 592037 ou enviando un mail a cim@silleda.es.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial