O aerotaxi en Santiago podería ser funcional a partir do 2024

0

Compostela, 8 de xullo do 2021 – Un aerotaxi podería unir Compostela co aeroporto a partir do 2024, cando rematen as certificacións europeas para transporte de pasaxeiros.

Entre agosto e setembro do ano que ven faranse unha serie de probas co aerotaxi, e outro tipo de drons, simulando o peso das persoas e un percorrido entre o Monte do Gozo e o aeroporto Rosalía de Castro.

A presentación da iniciativa H2020 AMU-LED, na que se inclúen estes servizos, foi un dos primeiros eventos do UNVEX 2021, un evento que reúne na Cidade da Cultura os principais proxectos relacionados con drons.

Enrique Ventas, un dos responsables de coordinar este proxecto explicaba cal é o traballo que se desenvolve na actualidade

A preguntas dos xornalistas Ventas e José Rodríguez, representante en España da empresa china Ehang que xa ten operativo o aerotaxi en aquel país, marcan o horizonte do 2024 para que se converta nunha realidade

Na presentación estivo presente o concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, que se mostraba cauto sobre o futuro pero destacaba a celeridade do proxecto

O H2020 AMU-LED é un proxecto no que participan 17 compañías de Europa e Estados Unidos e no que está implicado o Instituto Tecnolóxico de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial