O alcalde de Oroso renuncia ao soldo

0

Oroso, 21 de outubro do 2020 – O último pleno celebrado no concello de Oroso, ademais de aprobar distintas medidas fiscais, aprobou a renuncia ao soldo do alcalde Manuel Mirás.

As medidas aprobadas foron as anunciadas días atrás. Bonificacións fiscais previstas para o ano 2021 e que teñen como obxectivo axudar ás familias, pemes e autónomos do municipio. Oroso aprobou unha rebaixa no IBI e no recibo do lixo e unha bonificación dun 60% no imposto de vehículos de tracción mecánica para os automóbiles eléctricos e híbridos.

Tamén haberá unha bonificación de ata un 75% no imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana a título lucrativo por causa de morte a favor de descendentes e cónxuxes. As medidas aprobadas na sesión plenaria de Oroso terán un impacto de 177.000 euros.

Manuel Mirás renuncia ao soldo de alcalde

Manuel Mirás, alcalde de Oroso

O alcalde Manuel Mirás aproveitou o pleno para renunciar ao soldo do alcalde. A nómina do rexedor, publicada no BOP o 1 de xullo do 2019, era de 35.853,12 euros en 12 pagas mensuais e 2 extraordinarias. A partir de esta data só cobrará as cantidades asignadas por asistencia ás reunións dos órganos colexiados municipais (plenos, comisións e xuntas de goberno).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial