займ срочно

O Ateneo abre o II Ciclo Cinema e Educación

1

Compostela, 1 de abril do 2019 – Este martes o Ateneo de Santiago, coa colaboración de Afundación, inaugura o II Ciclo Cinema e Educación coa película Zéro de conduite (Cero en conducta) (Jean Vigo, 1933).

O II Ciclo Cinema e Educación ten como eixo principal os sistemas educativos de 3 países (Francia, España e Alemaña) en diferentes épocas (anos 30, 60 e 70 do século pasado e anos 2000 e 10 deste século). Estes sistemas vense reflectidos coa proxección de seis películas que pretenden suscitar a reflexión e o debate sobre os problemas e a situación da ensinanza na sociedade así como a súa evolución.

O filme elixido para comezar o ciclo é Zéro de conduite (Cero en conducta) (Jean Vigo, 1933), que se proxectará o martes ás 19.00 horas na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19). Esta película, a máis antiga das seis e prohibida en Francia na súa estrea pola súa presunta mensaxe antipatriótica, retrata durante 42 minutos as lembranzas infantís do seu director a través da historia de catro mozos que, suxeitos a un estrito réxime escolar, deciden rebelarse contra a institución. A continuación, terá lugar un debate conducido polo Catedrático de Historia do Cinema da USC Luis A. Hueso, quen porá sobre a mesa os temas máis destacados da longametraxe.

O ciclo continuará os martes ao longo dos meses de abril e maio coas películas Der junge Törless (El joven Törless) (9 de abril), L’enfant sauvage (El pequeño salvaje) (23 de abril), La mala educación (7 de maio) e Les héritiers (La profesora de Historia) (14 de maio). Todos os filmes serán emitidos en versión orixinal subtitulados en español ás 19.00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, permitíndose a entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies