O Ateneo outorgou o premio Alfredo Vicenti de xornalismo

0

Compostela, 23 de novembro do 2020 – O Ateneo de Santiago outorgou o premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico a Adela Bértolo polo artigo “#unsegredoavoces. Aloita feminista do alumnado da ESADg continúa na rede”.

o Xurado acordou propoñer ao Ateneo de Santiago, entidade organizadora, outorgar 2 áccesits: a David Reinero González, pola reportaxe “O que custou o AVE a piques de rematar”, e a Marta Otero Mayán, polo artigo “Menores migrantes, ayer y hoy”.

O premio Alfredo Vicenti tivo como presidente do xurado ao Vicepresidente do Ateneo de Santiago Manuel López-Rivadulla, e estivo constituído por José Francisco Rodil, directivo da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela; Xosé Ramón Pousa, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; Mercedes Rosón, responsable de Acción Cultural do Concello de Santiago; Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Antón Porteiro, membro da Sección Sociedade da Información do Ateneo de Santiago; Montserrat Dopico, xornalista gañadora da última edición; e, actuando como Secretario do Xurado, Francisco Candela, Secretario do Ateneo de Santiago.

Ao Premio concorreron un total de catorce traballos presentados dentro do prazo previsto de oito participantes diferentes que publicaron os seus artigos nos distintos medios de comunicación.

A entrega do galardón e os accésits terá lugar nun acto público na cidade de Santiago de Compostela o vindeiro mes de Nadal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial