O barrio da Ponte en Padrón, 20 anos esperando melloras

0

Padrón, 9 de decembro do 2020 – O Deputado do BNG no Congreso dos Deutados, Nestor Rego, visitou o barrio da Ponte en Padrón acompañado pola voceira municipal Beatriz Rei.

Os políticos nacionalistas mantiveron un encontro coa veciñanza para lles trasladar as emendas presentadas para solucionar tres necesidades urxentes de Padrón tal e como explicaba Nestor Rego

O arranxo da nacional 550, no tramo entre o núcleo urbán e o barrio da Ponte, chegou a estar comprometido en distintos orzamentos pero esas partidas nunca foron executadas. A única partida que chegou foi a destinada á expropiación de terreos e algunhas vivendas e a construción de camiños de terra nas marxes da estrada.

Beatriz Rei explicou a Rego as dificultades e perigos de transitar pola zona que se incrementan coa chegada as chuvias. Tamén visitaron o pantalán construído no seu día no peirao da Ponte e que se encontra necesitado de arranxos.

Beatriz Rei criticou as contradicións de Psoe e PP que aprobaron o apoio as enmendas nun pleno municipal mentres en Madrid facían o contrario

Estas melloras supoñen un investimento duns 5 millóns de euros en total. O deputado Nestor Rego comprometeuse a presentar iniciativas no Congreso para que os proxectos sexan solucionados coa maior premura posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial