O Camiño a Santiago da Xeración Nós, chega a Silleda en forma de roposta teatral

0

Silleda, 27 de setembro do 2021 – A obra teatral Camiño de Nós, que recrea o periplo dende Ourense a Compostela de 7 intelectuais e escritores membros da Xeración Nós no verán de 1926, chegará a Silleda este venres.

A cita, ás 12:30 no núcleo tradicional de O Foxo, un dos lugares máis emblemáticos que atravesa o Camiño por Santiago. Nesta proposta teatral dirixida por Rosa Puga Davila e adaptada por Luis González Tosar, rememórase o itinerario que fixeron a pé, dende Ourense a Santiago, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Lois Feixóo, Afonso V.Monxardín e Florentino López Cuevillas, representantes da Xeración Nós.

A representación, á que tamén se convidou ao alumnado de Secundaria, está aberta ao público en xeral. Trátase dunha obra que está a percorrer os concellos que forman parte da Asociación Camiño de Nós, para poñer en valor o itinerario realizado por este grupo hai 95 anos.

A idea da obra partiu da  Fundación Insua dos Poetas, que preside González Tosar en colaboración coa actriz e directora teatral Rosa Puga, a partir das crónicas da viaxe que publicou Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial