O Camiño Inglés e o de Fisterra Muxía promocionados en Londres

0

Bisbarra, 13 de novembro do 2020 – A Deputación da Coruña iniciou unha colaboración con Turespaña para promocionar o Camiño Inglés e o de Fisterra Muxía en Londres.

O Deputado Antonio Leira participou nun encontro na última xornada da World Travel Market Londres 2020. Con el estiveron o xefe de relacións de viaxe de negocio da Oficina Española de Turismo (OET) de Turespaña en Londres, Agustín García; as técnicas de Turismo da Deputación da Coruña, Mayte Loureiro e Paula Cabado; e a xerente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Cristina García.

Esta colaboración concretarase na futura realización de viaxes de familiarización con axencias de viaxe británicas na provincia. “O obxectivo é traer ás diferentes entidades coas que xa colabora a Deputación en Inglaterra (universidades, asociacións, xestoras de turismo…) para mostrarlles o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía”, destacou Antonio Leira.

Ao mesmo tempo acordouse solicitar a Turismo de Galicia que inclúan estes dous itinerarios no Fam Trip que pretenden realizar no ano 2021 xunto coa OET de Londres e que nun primeiro momento estaba previsto que só se levase a cabo pola Costa da Morte.

WTM Londres 2020

A Deputación da Coruña participou na edición virtual da WTM Londres 2020. É a primeira vez desde 1980 que a Feira non se celebra de forma presencial. Nesta ocasión, ofreceuse un amplo programa de conferencias e encontros de negocios coa participación de profesionais de todo o mundo.

A WTM 2020 centrouse en axudar á recuperación e reconstrución da industria de viaxes, fortemente afectada polas consecuencias da pandemia e as restricións de movementos.

No encontro a  Deputación levou a cabo un total de 20 reunións con empresas, asociacións e institucións turísticas co obxectivo de dar a coñecer os recursos turísticos da provincia da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial