O Carballo de Conxo mira cara Europa

0

Compostela, 20 de xaneiro do 2022 – A Feria Internacional de Turismo, FITUR, foi o lugar elixido para presentar a candidatura do Carballo de Conxo a árbore europeo do ano.

Santiago presentou en FITUR o seu patrimonio natural e recolleu ademais o premio que acredita o Carballo de Conxo como Árbore española 2022.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, encabezaron a delegación do Concello de en Fitur, a principal feira turística do Estado que se celebra en Madrid ata o vindeiro domingo, 23 de xaneiro.

 

No evento, ao que tamén acudiu a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentouse a campaña “Santiago, Patrimonio natural”, co obxectivo de poñer en valor as zonas verdes de Santiago como un atractivo turístico máis da capital galega. O rexedor compostelán recordou que Santiago conta con “60 parques municipais cunha superficie de máis de 3 millóns de metros cadrados” e que xunto aos espazos da Xunta de Galicia e da USC, “abranguen unha área de 6 millóns de metros cadrados que supera catro veces os estándares marcados pola OMS”.

No evento, o alcalde recolleu o premio que acredita ao Carballo de Conxo como Árbore Española deste ano e presentouse a campaña para facerse co título de Árbore Europea do ano 2022. Co lanzamento de #VotaCarballo preténdese dar a coñecer “O Avó” entre o público español e acadar “o obxectivo marcado de chegar aos 100.000 votos e plantar 100.000 árbores de especies autóctonas”, segundo palabras de Sánchez Bugallo. O acto contou coa presenza da presidenta de Bosques sen Fronteiras, Susana Domínguez, do vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda e do director general de Biodiversidad, Bosques y Desertificación do MITECO, Jorge Marquínez.

A campaña pretende recuperar a Carballeira do Banquete de Conxo e para conseguilo levarase acabo unha repoboación de carballos sementados mediante landras do histórico Carballo para que a memoria e o “ADN” desta árbore se multiplique ao seu redor, nun bosque novo que recuperará a esencia do vello Bosque de Conxo do século XIX.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies