O Castro Lupario, 50 anos na procura da declaración BIC

0

Rois, 18 de novembro do 2020 – Foi en 1971 cando Fernando Acuña Castroviejo publicou nos Cuadernos de estudios gallegos do Csic os últimos descubrimentos sobre o Castro Lupario en Rois e case 50 anos despois segue sen unha protección adecuada.

No ano 2009 a Xunta de Galicia anunciaba o comezo dos traballos para declarar Bens de Interés Cultural, BIC, a 19 castros da comunidade autónoma. O castro Lupario era un deles pero, como outros 10, segue sen ter esa consideración.

En xaneiro de este ano os veciños da aldea de Angueira de Castro inician a solicitude ante a Xunta de Galicia para que o Castro Lupario, a aldea, o Pazo do Faramello, os núcleos de O Faramello e Francos, a carballeira de Francos, a ponte sobre o río Tinto  e os petróglifos existentes en la zona foran declarados BIC. Unha petición á que se suma o concello este mesmo mes coa aprobación en pleno da petición de aprobación do trámite.

Lansbricae from Santiago de Compostela, España, CC BY-SA 2.0 <https://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.0>, via Wikimedia Commons

O Castro Lupario chega ao Parlamento

Onte martes a Deputada do Psoe, Noa Díaz, preguntaba á Directora Xeral de Patrimonio, Carmen Martínez pola declaración BIC e pola ameaza de paso dunha liña de alta tensión nas proximidades do Castro. A resposta da responsable non aclaraba a situación xa que comezaba recoñecendo a petición, que está en trámite e que se non se contesta e que se desestima

Martínez dou a entender que a petición é ambigua xa que non se sabe si piden a declaración do BIC o a eliminación do paso da liña de alta tensión.

Carmen Martínez tamén explicou que a petición é moito máis ampla que a que se propoñía no 2009 e que inclúe elementos que nunca foron catalogados ou valorados

A Directora Xeral quixo deixar claro que na aprobación do proxecto de liña de alta tensión examináronse todos os ámbitos de protección que en ningún momento foron vulnerados

Unha protección escasa

O Castro Lupario a día de hoxe segue no mesmo lugar que hai cincuenta anos, física e legalmente. No Inventario do Patrimonio Cultural de Galicia podemos atopar a súa ficha, curiosamente baixo a denominación de Castro de Francos, na que a protección é mínima.

Trátase dun ben do que podemos atopar referencias de máis de cen anos sen saír de internet. No 1877 a publicación La Ilustración Católica xa contaba a súa historia como podemos ler aquí . En 1921 El Financiero de Madrid tamén lembraba o Castro Lupario para explicar o nome da basílica compostelana. Son tan só dous exemplos da presenza do Castro na historia e da necesidade urxente de preservalo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial