O cese de do Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces, é ben recibido polos colectivos ecoloxistas e veciñais

0

Bisbarra, 24 de novembro do 2020 – Colectivos ecoloxistas e veciñais recibiron como unha boa nova o cese do Director Xeral de Minas, Bernardo Tahoces.

Tahoces está imputado por prevaricación desde abril do 2019. Será sustituido pola Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais,  Paula Uría. Os colectivos que forman parte da rede ContraMINAccion consideran que a súa situación se tornara hai tempo insostíbel polas imputacións e escándalos que rodean a súa xestión de proxectos mineiros e eólicos.

Ángel Bernardo Tahoces

Unha nova etapa

Desde estes colectivos consideran que se abre unha nova etapa pero alertan sobre as imputacións e actuacións presuntamente ilegais que “non se restrinxiron nos últimos anos ao director xeral, senón que se estenderon por todo o departamento, levando a que actualmente estean sendo investigados enxeñeiros actuarios, xefes de servizos e cargos intermedios por actuacións que, para ContraMINAcción, ilustran unha cultura da corrupción no sector mineiro e chega a postos da Admistración”.

Ecoloxistas e veciños solicitarán en breve reunirse coa nova Directora Xeral e  anuncian que porán enriba da mesa de Paula Uría,  evidencias desa corrupción xeneralizada, Agardando que se aproveite a mudanza na Dirección do Departamento como unha oportunidade de mudar de rumbo. Non obstante, continuarán  examinando a súa actividade “con lupa” e avisan de  se emprenderán novas accións legais contra o Departamento en caso de que se observe que se manteñen  as conductas ilícitas dos pasados anos.

Distintos casos

Como exemplos ilustrativos, lémbrase o escándalo das presas de residuos mineiros de San Finx (Lousame), que este mesmo ano o departamento que até agora dirixía Bernanrdo Tahoces  tentou facer pasar por infraestrutura dun muíño para o millo; a falta de control e sancións ante a continuidade da contaminación por metais pesados e ausencia de restauración en Touro, Varilongo ou Monte Neme; e as omisións dos trámites de avaliación de impacto ambiental en Alberta (Beariz), Santa Comba ou San Finx, a falla de declaración de caducidade de concesións mineiras  sen actividade dende fai anos, e concretamente as da Terra Cha aprobadas no 2006 e a día de hoxe sen actividade, entre outros escándalos que chegaron aos tribunais nos últimos tempos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial