O Colexio de Xornalistas crítico coa RPT do concello de Ordes

0

Ordes, 6 de xullo do 2021 – O Colexio de Xornalistas reclama do concello de Ordes que non atribúa funcións informativas ao posto de informático.

A principios de xuño o pleno aprobaba, grazas a maioría do goberno municipal, unha modificación da Relación de Postos de Traballo moi criticada polos sindicatos e agora polo Colexio de Xornalistas.

Concello de Ordes

O decano do Colexio, Francisco X. González, remitiu, en representación da Xunta de Goberno, unha carta ao alcalde, José Luis Martínez, para expresarlle o malestar ante modificacións na RPT.

As críticas dos Xornalistas fan referencia ao posto de informático ao que se lle atribúen funcións claramente informativas. Na ficha do posto se lle asignan tarefas como “O deseño de procedementos de xestión e intercambio de información con organismos e entidades externas”, ” A recepción e conversión da información recibida desde

Organismos e entidades externas”, “A depuración e xestión da información recibida desde o exterior”, “A xeración da información municipal a enviar a organismos e entidades colaboradoras”ou “O mantemento da imaxe corporativa e provisión de contidos ao sitio web municipal, facilitando a interacción do Concello coa cidadanía a través de internet”.

Desde o Colexio de Xornalistas explícase que a ficha de funcións atribúe para o denominado como posto ‘informático’ labores que son claramente informativas. Lémbraselle ao rexedor ordense que esta atribución de funcións a unha persoa que non é xornalista pode ser considerada “intrusismo”,

En cumprimento do seu obxectivo de defensa da profesión, o Colexio de Xornalistas solicita ao alcalde de Ordes que rectifique a devandita RTP para devolver as funcións do tratamento, elaboración e difusión da información ao posto do gabinete de comunicación, garantindo así que a información relacionada co concello sexa tratada por un profesional en base ás funcións que só a titulación en Xornalismo, Comunicación ou a colexiación poden garantir.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial