O comedor dos Tilos en Teo comezará a funcionar o 3 de maio

0

Teo, 26 de abril do 2021 – O concello de Teo asumirá o servizo de comedor do CEIP dos Tilos desde o vindeiro luns 3 de maio.

O concello encargarase do servizo ata finais de curso. A oferta de comedor estará asociada ao de conciliación que xa viña funcionando coa denominación Teo coida Tilos.

O concello cumpre de este xeito o compromiso adquirido coa comunidade escolar de que se a Xunta prestaba o servizo de comedor dende o próximo curso o que resta do curso o farían eles.

O servizo funcionará os meses de maio e xuño xa que está previsto poder comezar o 3 de maio. Esta conciliación funcionará en horario de 14:00 a 17:00 horas con servizo de xantar e só ata as 15:30 horas para as persoas usuarias que non fagan o xantar no centro. O custe da atención educativa é de 2 euros/día e con comida de 3,5 euros/día.

Dada a premura para a posta en marcha do servizo incluíndo a comida ábrese un prazo de inscrición inicial que vai do 26 ao 29 de abril no que as persoas interesadas deben entregar a ficha de inscrición debidamente cuberta no Rexistro Xeral ou a través da Sede electrónica. 

O remate do servizo será o último día lectivo do curso. Contémplase a posibilidade de usuarios/as fixas que fagan uso do servizo en días concretos de cada semana. Non se contemplan usuarios/as ocasionais para o servizo que inclúa o xantar. En caso de necesitar servizos puntuais deben consultar a dispoñibilidade no departamento de Benestar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial