O comité de Urbaser denuncia a falta de labores de prevención contra a Covid en Compostela

0

Compostela, 23 de outubro do 2020 – O comité de empresa de Urbaser reclama unha reunión urxente co concello de Santiago para ter información sobre as condicións dos novos pregos do concurso e, sobre todo, das medidas que se recollen contra a covid-19.

Os representantes dos traballadores de Urbaser denuncia que levan intentando contactar tanto co alcalde como coa concelleira e que “por moito que esta última di que se reuniu con nós en dúas ocasións e que nos atende sempre que o precisamos, non é certo”. O presidente do comité, Ricardo Méndez, asegura que “só se xuntou con nós unha vez, onde lle trasladamos as nosas inquedanzas e informamos dos servizos que a empresa non está a facer ou fai de maneira escasa, sen saber a día de hoxe se tomou en conta as nosas aportacións”.

Un camión de Urbaser no concello de Silleda, imaxe de arquivo

Falta de medidas contra a covid

O comité de empresa manifesta a súa preocupación pola situación sanitaria que se está a dar no concello. Lembra que cando se decretou o estado de alarma, con toda a poboación confinada, empezáronse a realizar tarefas de desinfección que incluían lavado de papeleiras; de contedores; baldeo de beirarrúas; obriga de deixar os contedores coas tapas abertas ou contedores de quita e pon do casco monumental sempre colocados.

Alertan de que porén, a día de hoxe, con colexios, universidades ou negocios funcionando con total normalidade, non se fai ningún tipo de prevención contra a Covid.

Por iso entenden que se deben escoitar as súas propostas e reiteran a solicitude dunha xuntanza urxente co concello  para iso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial