O Concello de Vedra e AGACA, nas alianzas da economía Gig

0

Vedra, 18 de decembro do 2020 – O Concello de Vedra e a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) son os socios españois do proxecto Entering the Gig Economy, financiado no marco do Programa Erasmus+ e liderado polo Consello do Condado de Meath (Irlanda).

O obxectivo principal é crear alianzas para abordar os riscos e as oportunidades do autoemprego e capacitar os mozos e mozas que queiran ingresar neste mercado. Participan, tamén, entidades de Italia e os  Países Baixos.

O proxecto comezou o 1 de setembro de 2019 e durará ata o 28 de febreiro de 2022. Desde entón, tense creado un sitio web (enteringthegigeconomy.eu) con noticias relacionadas co desenvolvemento do proxecto e información sobre a economía Gig.

A pesar da imposibilidade de viaxar debido á pandemia de coronavirus, os socios continuaron traballando de forma asidua no desenvolvemento do proxecto. Para estar en permanente contacto, véñense levando a cabo reunións virtuais de traballo de carácter mensual. Deste xeito, realizaronse avances importantes en canto aos diferentes produtos intelectuais previstos no marco do proxecto, como a campaña de información e o programa de formación.

A Campaña de información sobre a economía Gig, desenvolvida a través da ferramenta Pearltrees.com, estará dispoñible en catro idiomas (español, inglés, italiano e holandés) e incluirá información clave sobre a economía Gig e os seus principais aspectos. Os primeiros materiais poden encontrarse no sitio web do proxecto e axiña tamén estarán dispoñibles en español. Os recursos conteñen exemplos concretos que resultarán útiles para as persoas que están pensando en traballar neste campo.

Outro produto, o Programa de formación para principiantes no mercado laboral e solicitantes de emprego, céntrase no uso dunha metodoloxía de investigación. Cada un dos socios do proxecto identificou boas prácticas e historias de éxito no campo da economía Gig. Identificáronse 17 programas, como actividades de emprendemento e mentalidade emprendedora, xogos online, vlogging profesional etc. Adicionalmente, os socios entrevistaron os grupos obxectivo e stakeholders sobre os potenciais riscos e vantaxes da economía Gig. En total, realizáronse 24 entrevistas con cámaras de comercio, traballadores da economía Gig, consultores de proxectos da UE, avogados, universidades, escolas, autoridades locais e rexionais, traballadores xuvenís etc. Os resultados da investigación mostran que esta forma de emprego debería apoiarse e promoverse máis, especialmente entre as persoas mozas, en tempos de pandemia, cando hai cambios significativos no mercado laboral.

Como parte do proxecto, tamén se creou o Grupo de Referencia do proxecto, que consta de profesionais, expertos e responsables da formulación de políticas e decisións en cada país socio para apoiar a execución do proxecto. A nosa rexión está representada por dez expertos da Universidade de Santiago de Compostela, EFA Galicia, Xunta de Galicia, Confederación de Empresarios da Coruña e outros. O grupo contribúe á avaliación da calidade do proxecto e ás actividades de difusión, e brindará retroalimentación aos socios.

A participación no proxecto amplía o coñecemento do Concello de Vedra sobre a economía Gig e prepara as persoas e as comunidades para as súas oportunidades e ameazas. Esta iniciativa é extremadamente importante, especialmente hoxe en día, cando a economía Gig se está a volver cada vez máis popular e trae novas oportunidades de emprego no difícil momento actual.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial