O Conselleiro de Medio Rural visitou Negreira

0

Negreira, 10 de agosto do 2021 – O Conselleiro de Medio Rural, José González, visitou o concello de Negreira onde foi recibido polo alcalde, Manuel Ángel Leis.

González visitou a sede da corporación local e revisou os traballos de limpeza de masa forestal realizados no polígono industrial de Covas. O Conselleiro estivo acompañado, ademais de polo alcalde, polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez.

O alcalde, Manuel Ángel Leis, agradeceu a visita do Conselleiro e destacou a importante rede de camiños e pasos secundarios cos que conta Negreira, á hora de facilitar a prevención de lumes e o acceso a núcleos, que pola orografía do concello son difíciles de comunicar. Sinalou que o concello conta con tres parroquias dentro das zonas prioritarias, Aro, Lueiro e Xallas, nas que estivo a empresa pública Seaga, e que contan coa posibilidade de incorporar algunha máis.

Pola súa parte, o conselleiro, José González, incidiu na cooperación entre institucións e entre os grupos da propia corporación local á hora de traballar na prevención dos lumes. Recalcou que a Xunta ten alugados uns trinta e cinco tractores, dos que se benefician dezasete concellos, un deles Negreira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial