O Consello da Cultura Galega contrario a liña de alta tensión sobre o Castro Lupario

0

Rois, 23 de febreiro do 2021 – A oposición ao paso dunha liña de alta tensión sobre o Castro Lupario en Rois segue sumando apoios cun informe do Consello da Cultura Galega.

A Comunidade de Veciños de Angueira de Castro ven de emitir un comunicado no que agradece ao Consello da Cultura a elaboración do “Informe sobre o impacto da liña eléctrica de alta tensión Lousame -Tibo sobre os valores patrimoniais no  ámbito xeográfico afectado polo seu trazado na parroquia de Santa María de Ribasar, Rois, A Coruña”.

Atentado paixasistico

O informe da Cultura Galega, que se pode ler íntegro aquí, é moi claro con respecto ao que suporá a construción de esta liña nas condicións previstas. O documento explica que o Castro Lupario xunto coa aldea de Angueira de Castro e o Pazo do Faramello ” constitúe unha paisaxe cultural construída ao longo dos tempos que conserva moitos dos elementos desa construción histórica e na que a comunidade se identifica”.

O Consello informa tamén sobre a necesidade de preservar “as características principais dese territorio e minimizar as afeccións ás liñas estruturais da paisaxe vinculada ao camiño: elementos lineais (peches tradicionais, sebes, arboredos etc.), sistema viario adxacente, cursos de auga, modelo parcelario e sistema de cultivos, valores medioambientais, fisiografía e relevo, infraestruturas, núcleos de poboación e patrimonio material e inmaterial”.

As conclusións lembran ademais que “As liñas eléctricas de alta tensión son un dos ámbitos de especial atención paisaxística definidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e son recoñecidas como causantes de importantes impactos na paisaxe afastada que se percibe dende os Camiños de Santiago e de importantes interferencias visuais dentro do seu ámbito máis próximo”

Comunidade veciñal

Os veciños de Angueira de Castro consideran “inadmisible que en pleno Ano Xacobeo, a empresa de Rede Eléctrica, en connivencia coa Xunta de Galicia, pretenda arrasar ese conxunto histórico-artístico e paisaxístico ca instalación dunha linea de 220 Kv (unha autopista eléctrica, en palabras do delegado en Galicia da empresa), con torres de 60 metros de altura no territorio do Castro Lupario”

O colectivo explica que os contactos mantidos coa empresa non serviron para nada e critican duramente que  “A Dirección Xeral de Patrimonio  NON DA RESPOSTA a un informe anterior enviado polo Concello de Rois aprobado por unanimidade no Pleno do Concello, solicitando a Declaración de BIC (Ben de Interés Cultural) o Castro Lupario e o seu entorno”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial