O Consorcio de Santiago presenta esta tarde o libro “As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX”

0

Compostela, 27 de febreiro do 2019 – O Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora acaban de publicar As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX, unha obra do fotohistoriador Carlos Castelao.

As orixes da fotografía en Galicia preséntase hoxe na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 h. No acto estarán, ademais do autor, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo, Juan Conde; xunto ao director da editorial Alvarellos, Henrique Alvarellos.

É o máis completo traballo coñecido ata o de agora sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto. Esta obra pioneira achega descubrimentos sorprendentes do nacemento da arte fotográfica en Galicia. Carlos Castelao, de orixe asturiana e afincado en Compostela dende 1988, ofrece un traballo rigoroso, moi documentado e enormemente didáctico; ilustrado con máis de 350 imaxes, moitas delas inéditas.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial