O Consorcio remata as obras de mellora do Pazo de Raxoi

0

Compostela, 26 de decembro do 2018 – O Consorcio de Santiago acaba de rematar as obras de mellora da eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi.

O investimento en esta mellora foi de 277.815,29 euros. O arquitecto da Oficina Técnica do Consorcio responsable desta obra é Xosé Allegue. Explica que con esta intervención buscábase mellorar a eficiencia enerxética das fachadas do patio oeste do Pazo de Raxoi a través da renovación de carpinterías e saneado da fachada.

O arquitecto sinala que “o mal estado das carpinterías e rexuntados da pedra favorecía a perda de calor e a permanente humidade das caras interiores dos muros, o que obrigaba ao sistema de calefacción a empeñar gran parte da súa capacidade na disipación da humidade dos muros, que pasaba á súa vez ao ambiente interior das estancias, coa conseguinte aparición de mofos e liques, e provocando como consecuencia ambientes de traballo insalubres”.

Nesta mesma fachada atópase unha terraza que presentaba graves problemas de filtracións de pluviais cara ás estancias inferiores, o que xeraba altos niveis de humidade e fungos, ademais dun elevado consumo enerxético para a súa desecación, polo que se procedeu á súa impermeabilización.

Mantemento da pedra, renovación das carpinterías e das reixas

Entre as actuacións que se levaron a cabo destaca o mantemento ordinario dos elementos pétreos da fachada, co fin de garantir a súa estanqueidade. Ademais, revisouse o estado da pedra de cara a previr posibles caídas de material á rúa.

Por outro lado, renováronse todas as carpinterías para mellorar a estanqueidade, o illamento acústico e a eficiencia enerxética do edificio nesta fachada. Implementáronse mecanismos e motorizacións de aperturas de ventás non accesibles co propósito de facilitar a necesaria ventilación dos espazos. E nalgunhas estancias incluíronse medidas correctoras para atenuar a concentración de radón.

Tamén se sanearon as reixerías existentes nas ventás dos balcóns, así como nas numerosas ventás que dan ao patio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial