O contrato de limpeza viaria de Ames terá que agardar

0

Ames, 30 de abril do 2021 – O pleno de Ames acordou desistir da licitación do contrato de limpeza viaria e presentar uns novos pregos.

A decisión do goberno de Ames estima a alegación presentada pola Asociación de Pequeñas Empresas Gallegas que poñía o acento na excesiva duración do contrato.

imaxe de arquivo dun pleno anterior en Ames. No de onte o alcalde era xa Blas García.

O concello acordara licitar a limpeza por un período de dez anos. Os informes de secretaria e da consultora encargada da redacción dos pregos recomendaron estimar a alegación. O motivo principal foi que o pronunciamento do Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia podería tardar demasiado.

O pleno ratificou o acordo cos votos a favor de todos os partidos excepto o PP que optou pola abstención.

Modificacións no POS

No punto cinco o pleno aprobou por unanimidade pequenas modificacións técnicas nos plans do POS 2021. Desde o PP pediron que se levaran antes a pleno estas obras para despois non ter que cambiar cousas con tan pouco tempo.

Mancomunidade Ames Brión

Tamén por unanimidade se aprobou a creación da mancomunidade Ames Brión para a xestión da nova ETAP. Todos os grupos coincidiron en que esta esixencia de augas de Galicia, como explicábamos onte, era excesiva. Quique Costas de Ames NOvo o explicaba dicindo que “é como si creas unha sociedade anónima para contratar unha persoa para casa por unhas horas o día”.

Pola mesma razón o goberno municipal e o PP coincidiron na necesidade de que a Mancomunidade que se cree estea aberta a outros temas ademais da xestión da ETAP.

outros temas

O pleno aprobou ademais unha nova prórroga forzosa do contrato de xestión do servizo público do Ciclo Integral da Auga (CIA) do Concello de Ames. Unha moción socialista sobre a soedade non acompañada e unha do grupo Ames Novo sobre os abusos da banca.

Si che gustou esta nova podes apoiarnos invitándosnos a un café https://www.buymeacoffee.com/lindeiros

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial