O Covid segue crecendo en Compostela e Ordes (20/10/2020)

0

Bisbarra, 20 de outubro do 2020 – A preocupación polos positivos por Covid céntrase en Ordes, que entra en nivel 1, e Compostela que agarda xa novas restricións.

A capital superaba no comezo da semana os 300 contaxios e onte o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, mostrábase moi preocupado pola situación na cidade

O rexedor non falou de xeito literal de novas restricións, que o comité clínico podería impor na reunión que hoxe martes celebrará, pero as súas palabras suxeriron que así será

Ordes crece Ames baixa

Ordes entra en alerta 1 converténdose non terceiro concello da bisbarra, con Ames e Santiago, en estar en esa situación. Os últimos datos publicados polo concello falan de 37 casos positivos por Covid, 34 en illamento domicliario e 4 en hospital, 9 máis que na fin de semana.

A boa nova do día é Ames que, según os datos publicados polo concello na súa páxina web, baixa a 81 casos positivos cando a finais da pasada semana estaba en 95. Estas cifras poderían variar xa que según o concello se lle está facendo un seguimento a 233 persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial