O Delegado do Goberno visita o CIQUS da USC

0

Compostela, 20 de outubro do 2020 – O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, visita este martes o Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares, CIQUS, dependente da USC.

O CiQUS da USC executa na actualidade once proxectos de investigación financiados polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. As achegas do Ministerio supoñen un valor de case dous millóns de euros. O CIQUS é un dos centros que máis fondos captou ao abeiro da convocatoria 2019 de axudas a proxectos de I+D+i no marco do ‘Programa Estatal de Generación de Conocimiento y Fortalecimiento Científico y Tecnológico.

O Delegado do Goberno visita o CIQUS da USCA devandita convocatoria financia proxectos sen orientación temática previamente definida, que están motivados pola curiosidade científica e teñen como obxectivo primordial o avance do coñecemento, independentemente do horizonte temporal e do eido de aplicación do mesmo. Asemade, outórgaselle financiamento a proxectos orientados á resolución de problemas vinculados aos oito grandes retos da sociedade incluídos no Plan Estatal de I+D+i 2017-2020.

Na visita tamén tomarán parte o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri; o director do CIQUS, José Luis Mascareñas; así como a súa directora adxunta, Dolores Pérez. A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López, tamén estará presente no acto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial