O ex alcalde de Ordes Manolo Regos acusado de prevaricación

0

Ordes, 25 de maio do 2021 – Manolo Regos, ex alcalde de Ordes, está sendo xulgado por un presunto delito de prevaricación na concesión de licencias a locais de hostalería.

Regos abandonou a actividade política tras presentarse nas eleccións do 2019 e conseguir tres actas de concelleiro. A acusación particular pide para el 12 anos de inhabilitación según informa Europa Press.

O xuízo parte da denuncia de un particular e celebrou a vista este luns. Regos explicou que as concesións de licencia fixéronse en base aos informes dos técnicos municipais. Engadiu que se limitou a firmar os acordos da Xunta de Goberno Local que el presidía.

A defensa do ex alcalde atribuíu a denuncia a motivos políticos.  Regos tamén explicou que nn se recibiran queixas dos veciños polas licencias ou os horarios de apertura dos locais. Según el a única denuncia foi a que motiva o xuízo e foi presentada por un “familiar do alcalde”.

Manolo Regos tamén dixo na súa declaración que o obxectivo da denuncia foi prexudicalo antes das eleccións municipais do 2015. Tamén engadiu que moitas das licencias databan de antes da súa chegada ao cargo. Recoñeceu ademais que durante o mandato recibira un informe do Valedor do Pobo que indicaba a necesidade de cambiar as licencias de moitos locais xa que a maioría eran de pub.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial