O Festival de Maxia de Ames celebrarase do 22 ao 24 de outubro

0

Ames, 11 de outubro do 2021 – O Festimax, o Festival de Maxia de Ames, celebrarase, nas casas da Cultura de Bertamiráns e Milladoiro, do 22 ao 24 de outubro próximos.

Seis galas e catro obradoiros compoñen o programa da XVI edición do Festival de Maxia. O evento constituirase nunha das  primeiras grandes citas culturais que se realice sen as restricións que até de agora impuña a loita contra a Covid19.

O Festival de Maxia de Ames foi presentado pola concelleira de Cultura de Ames, Natividade González, o Mago e produtor de Abarajar Producciones, Dani Polo, e a técnica de Cultura, María Vázquez. A presenza de grandes figuras da maxia galega e internacional e aposta porque o Festival continúe contando cunha con representación feminina foron as outras cuestións que se destacaron no acto.

A rapazada apaixonada da maxia xa pode inscribirse nos obradoiros enviando un mail a cultura@concellodeames.gal. As entradas para as galas tamén se poden adquirirse xa na billeteira electrónica. .

A concelleira de Cultura, Natividade González, salientou a renovación da imaxe do festival  cuxo maior expoñente e o novo nome de “Festimax”. González dixo que despois deste período difícil, “é unha alegría que o Festival poida volver a realizarse sen as restricións que tivo na última edición. Estamos moi satisfeitos tamén de que se poida realizar de novo no Milladoiro, que o ano pasado non puidemos por mor da situación da pandemia. Tamén celebramos ese aforo do 90% que nos vai permitir ver as salas cheas e sentir que estamos volvendo a unha certa normalidade; alégrome moito por todas as persoas que traballan no mundo da cultura e nesta ocasión especialmente polos magos e magas que nos van a acompañar”. A concelleira rematou convidado á veciñanza a participar e a gozar do evento.

Pola súa banda, Dani Polo,  Mago e produtor de Abarajar Producciones, repasou polo miudiño o programa do Festival destacando o carácter galego “temos claro que seguiremos apostando sempre pola maxia galega” e internacional. Este ano temos un mago francés e unha maga china que teñen moitísimos premios e que vai ser unha delicia velos”. Salientou ademais Polo a volta dos obradoiros para a rapazada que manterá aforo reducido “para poder ofrecer unha ensinanza máis personalizada”.

Programa do Festimax

A programación do XVI Festival de Maxia comeza o venres 22 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns coa “Gala Máxica Infantil”. Sarapín chega dende Melilla co obxectivo claro de demostrar que a risa e a ilusión non entenden de idade. Sarapín vai cautivar aos máis pequenos co seu espectáculo “ZAS-CA-TA-PLAS”. A función comezará ás 17:00 horas e está dirixida a un público familiar a partir de 3 anos. A Gala dirixida a todos os públicos realizarase ás 17:00 horas.

O mesmo día, 22, e no mesmo espazo, na Casa da Cultura de Bertamiráns, terá lugar “A Gala Máxica Unipersoal” onde os asistentes poderán gozar do espectáculo “100%DaOrtiz”. DaOrtiz é sen dúbida un dos mellores cartomagos do mundo enteiro. As súas aportacións á maxia de preto son recoñecidas por magos e magas de todas as partes do planeta. A sesión dirixida ao público familiar realizarase ás 20:30 horas.

A Gala Máxica Internacional ofrecerá en Ames dúas funcións, unha en Bertamiráns, o sábado 23, e outra no Milladoiro o domingo 24. Actuarán o sorprendente Didak, o ilusionista Fernando Arribas; unhas das mellores magas do planeta, Huang Zheng e o mago e cómico francés, Jimmy Delp. A Gala estará presentada polo artista polifacético Luis Boyano. En cada unha das funcións faranse dúas sesións, unha as 17:00 horas e outra ás 20:00. Esta Gala está aberta tamén a todos os públicos.

Obradoiros

O Festival de Maxia continúa co seu obxectivo de achegar á maxia á rapazada, tamén a través da formación e a aprendizaxe. Nacho Samena e Brandan van ser os encargados  de impartir os obradoiros que se desenvolverán o sábado 23 de outubro na Casa da Cultura de Bertamiráns e o domingo 24 de outubro na Casa de Cultura de Milladoiro. Haberá dúas quendas, a primeira delas ás 11:00 horas e a segunda ás 12:00 horas. Os obradoiros están dirixidos a rapaces e rapazas de entre 8 e 14 anos. Os interesados poden enviar un mail a cultura@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e teléfono.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial