O futuro da canteira da Casalonga debátese tamén en Madrid

0

Teo, 9 de xuño do 2021 – O futuro da canteira da Casalonga en Teo e os proxectos de Toysal para ela son motivo de debate no Parlamento español.

O Deputado do BNG Nestor Rego preguntou ao goberno si pensaba reformar os Reales Decretos que poden permitir que as canteiras acaben sendo vertedoiros de residuos.

Na resposta o goberno di que “Se puede construir un vertedero en un espacio afectado por la actividad minera, cumpliendo con todos los requisitos de un vertedero, o se pueden valorizar residuos inertes, siempre que sustituyan a materias primas vírgenes, pero contando en ambos casos con la autorización correspondiente de la autoridad competente”

O goberno explica tamén que se creou unha guía de boas prácticas para a rexeneración de espazos mineiros con residuos de demolición. Engade que as labores de vixianza das comunidades autónomas deben complementar esas medidas.

A resposta remata explicando que está en tramitación unha nova Lei de residuos e sós contaminados polo que ata que sexa tramitada non está previsto modificar os decretos.

Unha pregunta máis

O BNG rexistrará unha segunda pregunta no Parlamento para saber si o goberno coñece o problema concreto da canteira da Casalonga. Para o BNG de Teo é prioritario cambiar a normativa. O voceiro nacionalista en Teo, Manuel Barreiro explica que “si se lle concede un permiso de vertedoiro a Toysal antes de que exista a nova lei non se lle poderá retirar a autorización. Por outra banda o control do que se leve a canteira queda en más da Xunta de Galicia. Quen controlará que os camións que entren leven só residuos inertes?”.

Barreiro pon o foco no Psoe local “as actuacións do PSOE municipal son inexplicábeis, primeiro coa incompatibilidade urbanística´ que se negaron a emitir durante 9 meses e despois co rexeitamento de todas as iniciativas para protexer o espazo, non atenderon ningunha das peticións que lles fixemos dende a protección dos humidaís até o contencioso administrativo, a concelleira Lemus pide un novo informe medioambiental que dirá o mesmo que o anterior, que estaba feito dacordo ás normativas vixentes aprobadas polo seu partido”.

O Psoe garante os acordos coa Plataforma

Nun comunicado enviado a última hora de este martes os socialistas declaran que ” o PSOE de Teo quere reafirmar o seu compromiso na defensa do necesario e fundamental cambio normativo na lexislación estatal que peche as portas a un vertedoiro na Canteira da Casalonga”.

Uxía Lemus, portavoz socialista, indica “que en canto tivemos coñecemento desta resposta solicitamos entrevista co Secretario de Estado Hugo Morán, quen nunha reunión con representación da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos na primavera do 2019 se comprometeu a revisar a normativa estatal, compromiso reiterado nas xestións efectuadas desde entón pola deputada estatal Pilar Cancela “..

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial