O Goberno Central asumirá o custo da escavación dunha fosa común no Pino

0

O Pino, 5 de xullo do 2021 – Por primeira vez o Goberno Central asumirá o custo de dúas escavacións de fosas comúns, no  Concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) e no lugar de  Amenal, no  Concello do Pino (A Coruña).

O delegado do Goberno en Galicia, José MIñones, informou da concesión á Xunta de 106.395,08 euros para a escavación e a dignificación dos lugares onde se sitúan.  A partida contempla a creación dun grupo interdisciplinar coa intervención de historiadores, arqueólogos e especialistas forenses e a reparación da memoria das vítimas enterradas en estas fosas.

Miñones destacou que é a primeira vez que un goberno habilita axudas directas ás comunidades autónomas para as actividades de procura e identificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil ou a represión política posterior. O Boletín Oficial do Estado formalizou estes días a transferencia á Administración Autónoma galega, que deberá desenvolver estes traballos nos próximos meses.

Actuarase sobre a fosa común do cemiterio de Tenorio, en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) onde se estima a existencia de 11 vítimas, e na fosa situada no lugar de  Amenal, no  Concello do Pino (A Coruña), onde se sinalan 3 vítimas. O financiamento foi acordada o pasado mes de marzo na primeira conferencia sectorial de Memoria Democrática, presidida pola  vicepresidena primeira do Goberno, Carmen Calvo. Nesta primeira conferencia sectorial presentáronse as liñas de traballo, en colaboración entre as distintas institucións, e as axudas directas que hoxe se formalizan no BOE, de acordo coas partidas consignadas nos Orzamentos Xerais do Estado para este ano.

Plan  Cuatrienal 2020/2024 de fosas

A repartición destes 106.395,08 enmárcase dentro do Plan  Cuatrienal, que pretende dar resposta ás recomendacións dirixidas a España polos principais organismos internacionais de Dereitos Humanos, co fin de impulsar de forma decidida as políticas de Memoria Democrática, especialmente no relativo á procura, e identificación de persoas desaparecidas durante a Guerra Civil e a posterior Ditadura.

O Plan identifica actuacións a impulsar para lograr o máximo impacto nun prazo de catro anos. A intención sería intervir nun total de 557 fosas en todas as comunidades autónomas, excepto nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla, onde non hai actuacións pendentes de  exhumación.

Plan de Choque 2020

O Plan  Cuatrienal compleméntase co Plan de Choque que o Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática puxo en marcha durante o pasado ano con carácter transitorio, para paliar a falta de recursos económicos para as políticas de Memoria Democrática, debido á ausencia de subvencións gobernamentais desde 2013.

No marco do Plan de Choque, o Goberno aprobou subvencións directas para para entidades sen ánimo de lucro e para actuacións municipais a través da FEMP. En Galicia concedéronse 8.000 euros para apoiar dous proxectos: un ciclo de conferencias sobre o artista Eugenio Granell e o exilio e un estudo sobre o campo de concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial