O incendio de Sigüeiro abre de novo o debate sobre a necesidade dun parque de bombeiros comarcal (audios)

0

Compostela, 8 de xuño do 2021 – O incendio ocorrido en Sigüeiro, Oroso, hai uns días e no que morreu unha persoa deixa en evidencia a necesidade dun parque de bombeiros comarcal.

Onte o Partido Popular desvelaba que desde o 112 se pedirá a intervención en, ese suceso, dos bombeiros de Santiago e non fora permitida. Desde o concello explican que ninguén advertiu da existencia de vidas en perigo e cando se chamou por segunda vez xa se avisara ao Grumir de Arzúa.

O voceiro do Partido Popular, Alejandro Sánchez Brunete aseguraba que rolda de prensa que os bombeiros non saíron porque alguén non lles deixou e que querían saber como sucederon os feitos

O concelleiro de seguridade, Gonzalo Muíños, explicaba onte a Lindeiros.gal que nunca tiveron coñecemento de que existiran vidas en perigo e que de ser así os bombeiros terían saído

O concello explica que sobre as as 12:30 h. do venres pasado recibe unha chamada do “112 AXEGA. Emerxencias Galicia” avisándoos dun incendio en Sigüeiro, no concello de Oroso, e comunicándolle que os medios que estaban alí, neste caso os bombeiros de Ordes, precisaban dun relevo.

SONY DSC

Os bombeiros de Santiago para poder saír teñen que recibir a chamada desde a Dirección de Protección Civil da Xunta de Galicia. Para elo debe activarse o Platerga, Plan Territorial de Emerxencias de Galicia, xa que a saída dos bombeiros implica deixas desprotexida a cidade. Os bombeiros de Santiago chamaron de novo ao 112 para saber si o Platerga estaba activado e alí lles comunicaron que xa non eran precisos porque se avisara aos efectivos de Arzúa.

Gonzalo Muíños engade que é a Xunta de Galicia a que ten que decidir o nivel de perigo que existe e a quen teñen que mobilizar.

Muíños lembra ademais que no caso do incendio da conserveira Jealsa en Boiro os bombeiros si saíron. En aquela ocasión activouse o Platerga e desde a Xunta decidiuse que acudiran.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial