O máis lido da semana (14-19 novembro 2020)

0

Esta semana chegou ao Parlamento de Galicia o futuro do Castro Lupario, este lugar tería que se un Ben de Interés Cultural, BIC, desde o 2009 pero 11 anos despois aínda andamos a voltas con el. En Lindeiros aproveitamos para resumir un pouco eses últimos once anos e recuperamos algunha cousa un pouco máis antiga como podes ler aqui.

Con ganas de saír

O peche perimetral e o peche da hostalería produciron ese efecto que afecta moito de xoven: canto máis che din que non fagas algo máis ganas de facelo tes. Esta reflexión ven a conto de que outras das novas máis lidas da semana foi o autocine de Ames. Unha proposta que xa se levou a cabo en outros concellos e que en este caso ten unha moi boa programación, que aínda podedes disfrutar, e que tedes aquí.

Na procura de emprego

O emprego, a falta del, xa era unha preocupación antes da pandemia e agora o segue a ser, incluso máis. Outra das novas máis lidas foi o anuncio dun obradoiro de emprego par 20 persoas de Boqueixón, O Pino, Touro e Vedra. Unha posibilidade de aprender un oficio ao tempo que se cobra durante un tempo, o podedes ler aquí.

De premios literarios

Esta semana outorgouse o premio literario Mazarelos que recaeu nunha novela cun nome atractivo: As aldeas non deben apagarse. O Mazarelos é, desde hai seis anos, unha iniciativa da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC que este ano acordou conceder o galardón a Cristina Negreira Barcia como contamos aquí.

Solidariedade

Rematamos con solidariedade. As campañas de axuda sempre teñen gran acollida en todos os concellos e coa chegada do Nadal ampliase o número delas. Esta semana falamos da de Brión que chega a súa novena edición, todo o ano recollen alimentos e produtos de primeira necesidade pero en esta época do ano a participación da veciñanza sempre é maior. O contamos en este enlace

Estas foron as novas máis lidas da semana. Lembra que podes recibir cada día novas como estas no teu correo electrónico, suscríbete!

https://lindeiros.gal/suscribete/

.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial