O máis lido da semana (28 – 04 novembro / decembro 2020)

0

Foi unha semana que comezou tranquila pero que de súpeto animouse en canto a novas. A máis lida tivo que ver cun vello tema que segue de actualidade.

Esta semana recibíamos un comunicado de Toysal no que aseguraba que a pista que bordea a canteira da Casalonga segue sendo dos propietarios. Engadían que un informe de Medio Rural, de un ano atrás, o aseguraba

https://lindeiros.gal/segun-toysal-a-pista-da-canteira-da-casalonga-e-privada/

Canteira da Casalonga

Outro tema recorrente nos últimos meses, incluso anos, é o que se refire ás presuntas prácticas corruptas do ex alcalde de Trazo José Dafonte. O Psoe engadía máis probas, facturas, á querela criminal que ten presentado en fiscalía

https://lindeiros.gal/facturas-do-ex-alcalde-de-trazo-jose-dafonte/

Casa do concello do Pino

Si en Trazo aparecemáis documentación, esta semana o que sucedía no Pino era todo o contrario, faltaba documentación. O Psoe presentaba esta semana unha nova queixa ante a Comisión de Transparencia de Galicia xa que non reciben as actas das xunta de goberno.

https://lindeiros.gal/queixa-contra-pino-comision-transparencia-galicia/

Unha petición do BNG de Padrón foi tamén das máis lidas. As canles de derivación do río Sar son desde que se construíron un bo lugar para camiñar pero o paso dos coches fainos inseguros. Os nacionalistas reclamaron medidas para solucionalo

https://lindeiros.gal/padron-mellore-seguridade-canles-do-sar/

E rematamos falando de Nadal. O Covid cambiouno todo, tanto que en Teo os cativos falarán cos Reis Magos por videoconferencia. É unha das moitas solucións que os concellos atoparon e estamos seguros que moitos cativos non o esquecerán na vida

https://lindeiros.gal/teo-fara-videoconferencias-cos-reis-magos/

Estas foron as novas máis lidas da semana. Lembra que podes recibir cada día novas como estas no teu correo electrónico, suscríbete! https://lindeiros.gal/suscribete/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial