O máis lido da semana (7-13 novembro 2020)

0

O máis lido da semana demostrou, unha vez máis, que a veciñanza está preocupada polos proxectos destrutores do medio ambiente, en este caso na Casalonga en Teo.

Dúas novas foron as máis vistas e as dúas teñen que ver coa canteira de Toysal. A primeira contaba a preocupación dos veciños ante a visita dunha enxeñeira da Consellería

https://lindeiros.gal/preocupacion-asalonga-reinicio-actividade-canteira/

A segunda daba a visión de Toysal sobre a visita e intentaba aclarar as súas intencións con respecto á canteira

https://lindeiros.gal/toysal-di-que-so-quere-recuperar-a-extraccion-na-canteira-da-casalonga/

Covid nos colexios

Esta semana tivemos un novo erro na comunicación de casos de Covid, e de novo no Colexio de Ventín. A ANPA tiña que poñer, unha vez máis, peticións de información e queixas en todos os organismos; peticións que, a día de hoxe, non consta que tiveran resposta

https://lindeiros.gal/anpa-ventin-novos-erros-rastrexos-positivos/

Roubo de cabalos

Polo que se ve non avanzamos tanto desde o antigo oeste. O concello de Teo decidiu crear un xogo para atopar cabalos de madeira nas rutas de sendeirismo do municipio, un xeito de compensar a cancelación do San Martiño. Un dos cabaliños non durou nin un día

https://lindeiros.gal/atopando-cabalos-no-san-martino/

Unha Constitución en Melide

Hoxe que se fala tanto de democracia esquecemos con facilidade feitos que significaron un impulso á sociedade que somos. Hai 500 anos reuníronse en Melide persoeiros de toda Galicia para facer fronte común ante a monarquía de Carlos V

https://lindeiros.gal/500-aniversario-da-asemblea-de-melide/

Estas foron as novas máis lidas da semana. Lembra que podes recibir cada día novas como estas no teu correo electrónico, suscríbete!

https://lindeiros.gal/suscribete/

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial