O Mascato comeza as vixes en veleiro desde a Pobra

0

A Pobra, 19 de xullo do 2021 – O pasado venres iniciáronse as viaxes en veleiro pola ría da Arousa a bordo do Mascato, impulsadas pola Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal.

A concelleira Charo Varela preséntou estas viaxes en veleiro que consideran “unha maneira alternativa de coñece-lo patrimonio medioambiental, marítimo e paisaxístico costeiro”.

As excursións en veleiro teñen lugar os sábados e domingos dos meses de xullo e agosto. A duración do traxecto é de hora e media e as saídas establécense en quendas de mañá e de tarde.

O prezo estipúlase en 15 euros para as persoas adultas e 10 euros para nenos e nenas menores de 12 anos, ofrecendo un desconto para as familias. Cómpre indicar que as travesías transcorrerán seguindo as medidas implantadas por mor da COVID-19.

A cabida máxima do veleiro é de 10 persoas, razón pola cal é preciso formaliza-la reserva e compra previa do tícket no punto de información turística, situado na Casa Mariñeira, no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos de contacto 671090262 e 687482835.

Tamén hai a disposición a páxina web www.apobra.gal/turismo para máis información.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial