O Ministerio de Transportes licita a rotonda de Francos en Teo

0

Teo, 22 de outubro do 2021 – O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana ven de comezar a licitación da obra de mellora da rotonda de Francos, no concello de Teo.

A reordenación dos accesos na estrada N-550 conta cun orzamento de 241.593 euros. Os traballos na zona de Francos teñen como obxectivo incrementar a seguridade viaria rodada e peonil do tramo.

O obxecto do contrato será a transformación da intersección con tipoloxía de glorieta partida actualmente existente na estrada  N-550 no seu km 72,580, nunha glorieta completa. Adicionalmente implantarase un itinerario peonil seguro entre as 2 paradas de autobús existentes neste punto, mediante a creación de beirarrúas e un novo paso de peóns.

Esta zona ten unha especial importancia polo alto volume de tráfico pero tamén por ser o acceso á carballeira de Francos onde desde hai 500 anos se celebra o San Martiño. A voceira sociallista, Uxía Lemus, explicaba onte que a recente visita do Delegado do Goberno, José Miñones, tivo unha influencia determinante en esta licitación.

Lemus dicía ademais que “Estaremos atentos á axilidade nesta licitación, así como na execución desta obra, que entendemos como o inicio das necesarias e obrigadas melloras da N 550 ao seu paso polo Concello de Teo. Esta nova reitera, unha vez máis, o compromiso dos e das Socialistas de Teo coa mellora do noso Concello, tanto anteriormente desde o Goberno municipal como agora desde a oposición”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial