O muro do Pombal centra a discusión en Compostela

0

Compostela, 27 de outubro do 2021 – O Partido Popular abre un enfrontamento co goberno municipal de Compostela por conta do muro do Pombal.

O voceiro popular, Alejandro Sánchez Brunete, denunciaba onte nunha rolda de prensa “a irresponsabilidade do Goberno local” por non ter actuado no muro do Pombal. O portavoz Popular destacou que o motivo da súa comparecencia era á necesidade de advertir aos cidadáns da situación real do muro e esixir aos responsables municipais un informe sobre o risco actual e unha actuación inmediata.

O voceiro Popular subliña que un os informes técnicos “din o que din” e que a veciñanza non os coñece. Brunete fai referencia a un documento de outubro do 2020 “… como xa se comentou nun informe anterior e se volve a reiterar, as medidas provisionais actuais non son suficientes para evitar novos desprendementos, existindo na actualidade un grande risco de derrubo agora que comeza o período de choivas”. O concelleiro engade que desde entón apenas se actuou na zona.

Non hai risco segundo o goberno municipal

O Grupo de Goberno sinala que non se pode crear alarmismo sobre o muro do Pombal, porque non existe ese risco de inseguridade. Indican que desde que se tomaron medidas, despois de que se desplomara parte do muro a finais de 2019; non se rexistraron máis desprendementos na parte municipal.

Desde o executivo local recordan que está a punto de adxudicarse a obra, e que hai reunións de coordinacion entre técnicos, a empresa que redactou o proxecto e os arquitectos municipais, e que as estruturas de soporte se revisan con periodicidade

O Grupo de Goberno do Concello de Santiago critica o dramatismo” e “exceso de alarmismo” nas mensaxes da oposición sobre a perigosidade do Muro do Pombal.

Neste momento xa se está construido unha parte do muro, o que dá a rúa Cruceiro do Galo coa esquina do Pombal. Era unha das partes privadas. A outra xa presentou o proxecto de obra e a licenza está concedida, polo que se está á espera de que a familia propietaria acometa as actuacións.  Polo que respecta á parte que lle corresponde arranxar ao concello, a obra saiu a licitación, abríronse as plicas e déuselle ás empresas un prazo de 5 días hábiles para que presenten documentación. No momento en que se presente convocarase a mesa de adxudicación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial