O Museo do Pobo Galego abre a inscrición no MICE 16

0

Compostela, 24 de novembro do 2020 – A Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do  Museo do Pobo Galego, o MICE, abre o prazo para a presentación de filmes.

O MICE desenvolverase entre o 23 e o 28 de marzo de 2021 e a sección oficial proxectará os filmes seleccionados en esta convocatoria. As películas deberán ter sido producidas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018. O prazo de admisión de filmes estará aberto ata o 8 de xaneiro ás 23.59h, a través das plataformas Clickforfestivals, Filmfreeway e FestHome.

O MICE

O Museo do Pobo Galego promove a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico co fin de achegar o cine etnográfico e a antropoloxía audiovisual ao público entendendo o cinema etnográfico como unha ferramenta de investigación, comunicación e creación, no ámbito da representación da diversidade cultural.

O MICE Busca xerar un espazo de diálogo e intercambio arredor de filmes que mostren aspectos relacionados coas distintas realidades socioculturais, tendo como foco principal as persoas, os grupos sociais ou os procesos históricos relevantes relacionados coa antropoloxía e a etnografía.

Premios

As películas que resulten elixidas optarán ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico, dotado con 1000 euros, trofeo e diploma. As películas galegas seleccionadas a concurso optarán tamén ao Premio ao Mellor Filme Etnográfico Galego, dotado con 700 euros, trofeo e diploma.

O Premio do público consistirá nun diploma e trofeo acreditativo. Por último, o Premio AGANTRO premiará a excelencia antropolóxica e será outorgado pola Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural, dotado con 500 euros, diploma e trofeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial