O observatorio da USC determinan a traxectoria dun bólido

0

O OARMA da USC consegue determinar a traxectoria atmosférica do bólido diúrno observado o pasado xoves

imaxe dun bólido investigado pola uscSantiago de Compostela, 1 de novembro do 2016 – . Os investigadores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC (OARMA) José Ángel Docobo e Pedro Pablo Campos conseguiron establecer a traxectoria atmosférica do bólido diúrno observado o pasado xoves 27 ás 19:41 horas, grazas aos datos achegados por testemuñas de Galicia, Cantabria, Castela-León e Aragón tanto á Rede Española de Bólidos e Meteoritos como ao propio observatorio.

Pese a que varias persoas tiveron a sensación de que o bólido caera moi cerca, o certo é que o obxecto se fixo visible sobre o norte de Portugal cunha altura aproximada duns 100 quilómetros, e desprazouse cara á costa central asturiana na que a uns 40 quilómetros de altura se deixou de ver aínda que a estela permaneceu no ceo durante uns minutos. Os investigadores pensan que é “moi posible” que non chegase a caer no chan.

Este mesmo ano tivo lugar o 17 de maio outro bólido diúrno no Sur de Galicia, que tamén deixou unha estela final unida a un forte ruído. O caso fora tamén estudado polo OARMA, que concluíu que é posible que neste caso si se producise a caída de meteoritos nunha área “que se está determinando”, aseguran.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial