O orive Julio Lado expón o seu traballo na Casa do Cabido

0

Compostela, 2 de xuño do 2021 – Coa presencia de Luio Lado inaugurouse este martes unha exposición sobre o traballo de este ourive compostelán e dos seus antergos.

Baixo o nome de  “Lado, unha saga de ourives composteláns” a exposición situase na casa do Cabido, en plena Praza de Praterías. Ao acto asistiron, ademais do protagonista,  as comisarias, Chus Iglesias Prad, tamén ourive, e María Gómez García, licenciada en Belas Artes, restauradora e profesora de xoiaría na Escola Mestre Mateo; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; o responsable de Exposicións do organismo, Juan Conde.

Julio Lado é a cuarta xeración desta familia numerosa de ourives. A mostra reúne unha selección de pezas realizadas por el ao longo da súa vida. Ademais, recreouse unha pequena parte dun taller cun tabliz, banco de traballo, con ferramentas tradicionais moi antigas, algunhas delas xa non existen e moitas ideadas pola propia familia. O público poderá participar no proceso de realización dunha ou varias pezas mentres o ourive Julio Lado modela os motivos decorativos na prata con técnicas centenarias en perigo de desaparición como o cincelado e o repuxado.

Lado falaba para Lindeiros e expresaba a súa satisfacción por unha exposición que costou tres anos poñer en marcha

Preguntado polas súas pezas preferidas dicía que moitas marcharon para fora da cidade e falaba dalgunhas das que lmbraba con máis cariño

lado reclamaba para os ourives e para as artes en xeral o mesmo apoio que sse lled a outras áreas da sociedade como os deportes, e pedía expresamente apoio para mater e recuperar os oficios tradicionais

Horarios da exposición

A exposición poderá visitarse na Casa do Cabido de martes a sábado de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns pecha ao público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial