O  Outono Códax Festival volve con aires de Nova Orleans

0

Compostela, 27 de outubro – Despois dunha edición 2020 marcada pola pandemia e o control de aforos, volve o Outono Códax Festival cun cartel dedicado a Nova Orleans.

A cantante estadounidenses Judith Hill, corista de Prince (quen foi tamén produtor do seu primeiro disco), de Stevie Wonder e unha das voces seleccionadas para a xira This is it de Michael Jackson, será a protagonista da primeira cita do Outono Códax Festival 2021.

O festival galego de música negra pon a súa ollada este ano na cidade de Nova Orleans e nas súas músicas a través das bandas presentes nesta edición así coma dos  diversos eventos temáticos programados.

 

Precisamente dende Nola (acrónimo de Nova Orleans) chegan en exclusiva para o festival Aurora Nealand & The Royal Roses, formación liderada por unha das saxofonistas máis aclamadas da escena musical da cidade, e o seu convidado: o clarinetista e afamado escritor Tom Sancton.

Nova Orleans é a fonte primixenia e fundamental de inspiración do combo madrileño Nola Brass Band ou de Theo Lawrence, un músico, cantante e compositor independiente que representa como poucos o cruzamento de culturas e sonoridades que representa a cidade de Luisiana.

Outros xéneros como o soul ou o blues tamén terán destacada presenza no Outono Códax 2021 da man do carismático bluesman Big Daddy Wilson, músico procedente de Carolina do Norte, e da londinense Izo Fitzroy, unha das voces máis significativas do soul contemporáneo europeo.

A presenza galega no festival confórmana The Carlos Childe Band (con estreitos vínculos con Nova Orleans), Martins Aneiros Band, Pardo e The Allnight Workers, que se reúnen para esta ocasión, nove anos despois da súa disolución, para facer un repertorio que mesturará os seus éxitos con temas escollidos especialmente para esta edición.

Un ano máis baixo o patrocinio de Bodegas Martín Códax e coa colaboración de Pousadas de Compostela e Gadis, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con sete citas en Santiago de Compostela (11, 19 e 26 de novembro e 3, 9, 10 e 11 de decembro), nas que volve xuntar os sons máis selectos do soul, jazz, swing ou blues a través dunha coidada programación na que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional, destacados nomes da escena estatal e algúns dos musicos galegos máis relevantes do panorama actual.

Presentación do Outono Codax no ano 2017 –

A programación do Outono Códax 2021 completarase cunha charla temática en torno á escena musical de Nova Orleans na que intervirán expertos da talla de Aurora Nealand, Carlos Childe, Jacobo Rivero ou Tom Sancton, unhas xornadas gastronómicas de cociña cajún, a presentación de dous libros, cinco sesións pinchadas e tres catas de viño coa maridaxe de outono.

Os abonos e as entradas están a venda en A Reixa Tenda-Matrioska e através de ataquilla.com a partir do venres 22 de outubro.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial