O Outono Códax trae esa semana ao bordelés Theo Lawrence

0

Compostela, 30 de novembro do 2021 – O Outono Códax Festival múdase esta semana a Sala Riquela para acoller ao músico Teo Lawrence.

O Outono está este ano dedicado a Nova Orleans. Si a cidade está influída pola cultura francesa esta semana o festival volve as orixes con Theo Lawrence, oriúndo de Burdeos.

Theo Lawrence ©-Agnes Clotis

Este músico franco canadiense bebe das cancións country dos anos 50 e 60. Desde aquela época toma ritmos como o soul, o pop e o rock and roll. A súa música non renuncia á Nova Orleans máis recente e tamén podemos encontrar sons tex mex ou rockabilly.

Tras os matices soul e góspel do seu primeiro álbum, «Homemade Lemonade» (2018), Theo Lawrence abrazou os sons mestizos do sur norteamericano en «Sauce Piquante» (2019), producido polo mismísimo Mark Neill (The Black Keys) e seguiunos explorando, con carácter vintage nos seus singles máis recentes.

Sesións DJ

Continúan as sesións DJ, esta semana no Flamingo. Un dos organizadores do festival, Fran Reixa, será o encargado da música este xoves a partir das oito e media.

Related Images:

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial