O Pico Sacro ten 1.283 kilos menos de pedras

0

Boqueixón, 7 de xuño do 2021 – Os traballos de limpeza da sima do Pico Sacro levados a cabo pola Federación Galega de Espeleoloxía sacaron do interior da cova 1.283 quilos de materiais.

O material extraído foi transportada en 71 sacas a un contedor localizado a carón da Capela de San Sebastián. Cerca de 30 as persoas colaboraron de xeito voluntario nesta actividade posta en marcha ola Federación co apoio do Concello de Boqueixón e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

O alcalde, Manuel fernández Munín, explicou que “Dende o Concello de Boqueixón valoramos moi positivamente esta iniciativa, que se desenvolve por primeira vez en máis de medio século. Este labor resulta fundamental non só dende o punto de vista patrimonial e espeleolóxico, senón tamén dende o turístico, xa que contribuirá a poñer en valor o Pico Sacro para aquelas persoas amantes dos deportes”.

O rexedor boqueixonés e o deputado autonómico Ovidio Rodeiro Tato achegáronse a este enclave para coñecer, de primeira man, os traballos realizados dentro destas xornadas que comezan coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente.

O Presidente da federación de Espeleoloxía, Francisco Martínez, explica o método de traballo “Dividímonos en distintos grupos e establecemos quendas para trasladar as sacas ata o colector. No caso das covas, instalouse unha tirolina dende a cabeceira da sima de menos profundidade, a Contramina de Juan Antón, para o traslado das sacas de espeleoloxía”.

Martínez engade que “Dentro da cova, no fondo, hai unha persoa que vai enchendo as sacas. Dous metros máis arriba, outra persoa engancha as sacas na tirolina e, na boca da sima, atópanse as persoas que recuperan a tirolina. Despois, hai toda unha serie de participantes que van porteando as sacas dende a entrada da cova ata o contenedor que se atopa a carón da Capela de San Sebastián”.

Xusto antes de depositar os materiais no devandito colector, pasan por unha fase de revisión. Esta corre a cargo dunha decena de integrantes do Incipit  do CSIC e de persoas voluntarias. O equipo está coordinado por Ana Mª Ruiz Blanch, investigadora do Incipit que está a traballar nunha tese doutoral sobre a Raíña Lupa. 

“Para complementar a actividade de limpeza, como arqueólogas e antropólogas do Incipit, decidimos realizar o que se chama unha observación arqueolóxica. Cando chegan as sacas, baléiranse sobre unhas lonas, mírase o seu contido, tómanse fotografías, obsérvase ben o material e, se vemos algo especial, embólsase e gárdase para o seu estudo”, explica Ana Mª Ruiz Blanch.

Ademais das pedras e terra, atopáronse materiais curiosos como ósos grandes, botellas de plástico, dúas candeas, cerámicas ou, incluso, “algo que pretende ser unha especie de variña máxica”. Este traballo busca servir como base para realizar un achegamento ao monte sagrado dun xeito diferente. Ademais, nun futuro, buscarase a posiblidade de realizar un Plan Director do Pico Sacro, tratándoo dende distintos puntos de vista: arqueolóxico, espeleolóxico, ou cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial