Piden axilidade na instalación dunha cuberta nun parque infantil en O Pino

0

O Pino, 24 de agosato do 2021 – O Psoe de O Pino critica o “nulo seguimento” que fai o concello das obas de instalación dunha cuberta no Parque Infantil de Forcarei.

O Parque Infantil de Forcarei, situado ao lado da escola infantil A Galiña Azul do Pino, será a primeira área de recreo infantil cuberta coa que contará o concello. Esta obra conta cun financiamento de 89.600 euros que aporta a Deputación da Coruña.

Según o grupo socialista esta obra “xa debería estar rematada e a disposición da cativada” xa que foi solicitada no ano 2018 e incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación no 2019.

Critican que un ano despois a cuberta sega sen estar instalada  “Tras saír a licitación e ser adxudicada o 15 de xullo do ano 2020, o único que se fixo, ata o momento, foi desfacer o parque, tal como testifican as propias imaxes”.

Lamentan que o parque leve todo este tempo fora de servizo e sen trazas de que se remate “esta obra foi deseñada para que os nenos e nenas puidera seguir gozando da instalación tanto os días de sol como os de choiva, e non para estar pechado con un cerramento metálico mal colocado”.

O concello anunciara que o parque estaría rematado en marzo pasado “e desde aquela non se observou nin un só movemento na zona, a culpa de todo isto a ten o Alcalde polo nulo seguimento que fai das obras”, indica o voceiro socialista, Óscar Vilar.

Así mesmo, tamén critican que a Deputación da Coruña, como administración que financia as obras, non leve un mínimo de control e solicite de oficio as causas e motivos que atrasan a execución dos proxectos, “se fixera esa labor, que se presupón, moitas obras non se eternizarían”, apuntan.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial